“Winner Horse”. As Alegrías. Linho do cuco, 2013

“Rumba del Topo”. As Alegrías. Linho do cuco, 2013

 

Linho do cuco é un grupo lalinense de música contundente. Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… e oito guapísimos mozos rebordando clase e enerxía sobre o palco. Oito músicos profesionais que nos ofrecen un concerto para escoitar e bailar.

O novo disco de Linho do cuco está inspirado no interior de Galiza e por iso leva o nome das entrañas do animal: As Alegrías. É un disco corado polo aire cortante do montes do interior de Galiza, que os cabalos salvaxes fan asubiar co seu galope. Mais tamén é un disco que torna o frío interior polo repertorio que contén: repertorio de tabernas, de banda, de verbena, de orquestras do interior. Dos Padernes do Caurel, do Quinteto Monterrei, da Banda de Veteranos de Lalín, da Republicana de Bermés… Linho do cuco son do Deza, terra de bandas, onde centos de músicos aprenderon a tocar, ensinaron solfexo cunha caligrafía fermosa e ofreceron riqueza cultural e económica. Estas Alegrías son tamén un cariño a eses músicos aos que, sen estar nas cidades, lles chegaron os repertorios modernos, e os adaptaron sen máis prexuízos que o de quererlle á música e atender as demandas do público. Unhas Alegrías tamén para as xentes destas paisaxes rudas, que tardaron décadas en chegar á praia, pero que souberon forxar un repertorio e un estilo propio. Linho do cuco non fan revisións vintage. Que pensen coma os seus avós non lles fai tocar o mesmo que tocaban eles. Desde a tradición, Linho do cuco ofrecen unha proposta de música POPular actual para as sesións vermouts e as verbenas. Para desfrutar do día de festa da mañán á noite.

Linho do cuco son: Pablo Bernárdez (zanfona), Xián Herrera (gaita, pratos, piano de xoguete), Pablo Doval (tuba), Miguel Touriño (bombo), Pablo Pardo (frautas), Marcos Pérez (percusión), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Benxamín Otero (oboe e corno inglés).

Linho do Cuco is a band of strong popular music from Galicia. Tribal Galician music mixed with the sound of an European Orquestina. Bass-drum, tambourines, bagpipe, hurdy-gurdy, accordion, oboe, flute… and eight handsome and elegant boys full of energy on stage or in a street parade. Eight professional musicians who offer a concert to listen and dance.
The presentation of their new album, As Alegrías (The Joys), change the audience space into a traditional Galician party. Tents, flags, bigheadeds, music boxes, “pasodoble”, marches… melodies that could be part of the repertoire of the band of his village or the soundtrack of a Fellinis movie. Today, from a libertarian sensibility they respect, enjoy and take care of the symbolism of each of their instruments. They show the ways and find the essence of Galician music to be tasted with pleasure and enthusiasm, like the title of their last album: As Alegrías.