PABLO SANMAMED TRIO: 16/04

Jazz e Word Music danse a man neste esperado disco debut de Pablo Sanmamed Trio cheo de melodías das que fican na cabeza. Nel mergullámonos nunha atmosfera especial na que se suceden valsas afrancesadas, horos romaneses e sabores varios das músicas de transmisión oral nun proceso de deconstrución musical desde a linguaxe do Jazz. Unha particular banda sonora na que se conxugan composicións orixinais de carácter descritivo con pretextos compositivos nos que intuír distintas sonoridades de raíz. Gravado por Ramón Campos nos Estudos Cormorán e publicado por aCentral Folque no 2018.

16/04 é un disco de excepción da nova escena musical do Jazz Galego distinguida polo seu interese na materia prima das músicas tradicionais. Nel colaboran Pablo Añon (saxo alto) e Xosé Luis Miranda (trombón) en 4 tracks (De BCN a SCQ ,Viajando com Oscar , Dujmei e L.H.) ademais dun cuarteto de corda integrado por Elena Vázquez (violino), Xacobe Lamas (violín), María José Pampano (viola) e Macarena Montesinos (violonchelo).

  • Pablo Pérez Sanmamed: contrabaixo, baixo eléctrico
  • Iago Mourinho: piano
  • Bruno Couceiro: batería

Pablo Sanmamed trio:

Comenza a funcionar no 2015, e presenta un repertorio integrado por composicións propias. Na súa idea estética prevalecen os compases irregulares mesturados con partes líricas, no que buscan distintos puntos de vista dentro da sonoridade do trío estándar (piano, contrabaixo e batería), observando músicas e referentes tanto dentro do jazz coma de outras músicas 

No 2018 gravan 16 / 04 un disco integrado por 8 temas de autoría propia e unha versión. Con este trío tocan nos seguintes festivais: Imaxinasons 2016, Burgojazz 2016, II Festival de Jazz de San Xoán, Feito a Mán ou no Ciclo 1906 A Coruña , Ciclo Rúas  Vivas , III Ciclo de Jazz Arteriola 2017, Festival Jazz de Bueu 2018, Ciclo Noite Jazzera , Rede de Salas Galescena, Ciclo Clubtura 2018 , Ciclo El Arte del Trio 3º edición -Vitruvia 2019, Festival Estación de Jazz Teatro Colón 2019 , Festival Jazz na Rúa Nova Teatro Principal 2019

Pablo Sanmamed bio:

Contrabaixista e compositor de  fonda formación e ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral.

Ten gravados 67 discos e/ou DvD que inclúen gravacións con Germán Coppini, Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Banda Crebinsky, 3  azoteas, Carlos Martín, Fía na Roca,  Triatone, Paraphernalia, SPJ, ou OMEGA entre outros. 

Participou en numerosos festivais,coma o WOMAD na edición de Tenerife e Santiago, Festival Internacional de Jazz de Getxo, Jazzaldia de Donostia-San Sebastián, o SONAR, Festival de L´Orient,   Intercéltico de Glasgow, ou o Festival Internacional de Panamá entre outros.

Obtivo varios premios de composición como:

1º Premio á mellor música orixinal pola B.S.O. de “Crebinsky”  no 16º Festival du Film Espagnol en Toulouse no 2011(Francia). 

1º Premio á mellor música orixinal pola B.S.O. de “Crebinsky”  no Festival Internacional de Cine de Oaxaca no 2011 (México),

1ºPremio   World Music otorgado por Músicos ao Vivo no 2013 e no 2016.

1ºPremio ao mellor grupo europeo de voz feminina  ( arranxista ) polo disco “Segredo a voces” de Anubía no Festival Internacional de Asti (Italia).

1ºPremio   World Music  Músicos ao Vivo no 2019.

Foi finalista aos Premios Mestre Mateo e ao 4º Premio de la Música Independiente.

Escoita o disco online:

Spotify

Deezer

Google Play

Merca o disco en formato físico:

Inquedanzas Sonoras

Del teñen dito:

Distrito Jazz – I. Ortega

“Pablo Pérez Sanmamed al contrabajo junto a Iago Mourinho en el piano y Bruno Couceiro con la batería te hacen viajar en una especie de banda sonora descriptiva y con personalidad propia sin olvidar su amor por las músicas tradicionales.” leer más

Jazz, ese ruido – Félix Amador   2019

 ” El disco es redondo. Comienza con una deconstrucción muy lírica (y adaptada al estilo personal de Sanmamed que hemos descrito) del estándar “You Don’t Know What Love Is” para luego mostrarnos un abanico de ideas que se mueven entre temas muy rítmicos y otros más introspectivos donde escuchamos a un contrabajo directo, expresivo y con un amplio abanico de ideas” leer más

B ! Ritmos- Cándido Querol

  ” …tres músicos de la cantera gallega que para un servidor representa una de las escenas jazzísticas más potentes del país …”leer más