XICO DE CARINHO: Na harmónica

Entre centos de músicos, concertos, encontros, festivais ou iniciativas, a presenza militante do harmonicista Quico Peña Villar, Xico de Carinho (Cariño, 1940), é unha constante desde os anos 60. Personalidade singular de variados estudos musicais —etnomusicoloxía, pedagoxía musical, jazz…—, a súa traxectoria debúxase como unha longa andaina galego-lusófona, a través de gravacións cos brasileiros G. Vandré e M. Melo, a Ronda dos Cuatro Caminhos e a Orquestra Sinfónica Portuguesa ou o grupo Na Virada. Entre moitos concertos, ten compartido escenario con José “Zeca” Afonso, Manecas Costa e a Orquesta Cantos na Maré, Marina Rossell, Claudina e Alberto Gambino, Miro Casabella, Jei Noguerol, P. Quintana, M. Bacalhau ou Noé Willers entre outros.

Xico ofrécenos o que é o seu primeiro disco como harmonicista solista nas constantes do seu repertorio lusófilo orbitando arredor da “gaita de beizos”. Cos arranxos de Jorge Sarraute (doce temas) e Isabel Rei (tres temas) en formato libro cunha edición de luxo. Acompañan estes catorce temas de moi variadas colaboracións musicais (máis de vintecinco artistas como Laura Quintillán, Jordi Torrens ou Carlos Castro) textos de autores e autoras galegos e de outros ámbitos da lusofonía (Xurxo Souto, Vicentet Araguas, Mário Correia ou Artemisa Somedo), aos que acompañan diversas ilustracións. Na harmónica abre “Zeca“, a nova colección de libros-CD d’ aCentral Folque.

Logo de máis de 50 anos facendo música, este é o seu primeiro disco en solitario.

Xico de Carinho Grupo

Ao vivo, o repertorio de Na Harmónica está interpretado polo propio Xico e a familia Mvundi, angolanos afincados na Galiza, e convidados especiais que gravaron no disco:

  • Xico de Cariño: harmónicas
  • Alberto Mvundi: guitarra,voz
  • Marguinha: voz, charango, baixo
  • Joel Mvundi: percusións, clarinete

Escoita o disco:

Compra o disco en formato dixital:

Merca o libro-CD en formato físico:

Inquedanzas Sonoras